Carlos Taibo
Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén ten dirixido o programa de estudos rusos do Instituto de Socioloxía das Novas Tecnoloxías. Ten publicado unha dúcia de libros en galego-portugués: ‘O castelo de fogos. Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste’ (Novo Século, Íria Flávia, 1991), ‘Europa sen folgos’ (Sotelo Blanco, Santiago, 1994), ‘A nova desorde internacional’ (Abrente, Santiago, 1998), ‘Un novo Terceiro Mundo?’ (Ludus, A Coruña, 1999), ‘A desintegración de Iugoslavia’ (Xerais, 2000), ‘Imperio norteamericano e capitalismo global’ (3c3, Santa Comba, 2003), ‘A guerra santa, e petroleira, de Bush filho’ (Ateneo, Pontevedra, 2003), ‘Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista’ (Xerais, Vigo, 2005), ‘Miserias da globalización capitalista’ (Abrente, Santiago, 2006), ‘Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional’ (Xerais, Vigo, 2008), ‘Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa’ (AGAL, Ourense, 2010) e ‘Decrescimento, crise, capitalismo’ (Estaleiro, Santiago, 2010).
(Texto: Xerais)