Cadernos da Escola Dramática Galega
A Escola Dramática Galega editou a partir de 1978 unha serie de Cadernos da Escola Dramática Galega coa idea de escoller as pezas teatrais más significativas da literatura galega universal. Esta foi dirixida e coordinada por Francisco Pillado Mayor e Manuel Lourenzo.
A edición ía dirixida a un público extenso, de xentes interesadas polo teatro e a nosa lingua. Polo seu valor histórico, e porque da súa resistencia só tiñan referencias, reproduciron os promotores “A Casamenteira”, de Antonio Benito Fandiño, xunto a ela, atopamos outras pezas orixinais de Otero Pedrayo, Luís Seoane, Tomás Barros, Manuel María e outros; así, como traducióna so galego de Lorca e de Antón Chehjov. Pero ademais de breves obras teatrais, inxírense tamén traballos onde se comenta crítica e temas referidos á nosa dramática, como “O teatro infantil galego” (Manuel Lourenzo), “Teatro de todo o ano” (Xoán Babarro) e “Teatro na escola” (Antón Lampeira), entre outros.