Asociación Cultural Xermolos
Así se definen na súa Web:
Xermolos somos un grupo de voluntarios, xente nova e non tan nova, que perseguimos esencialmente preservar e difundir a nosa cultura.
Os Xermolos agromaron
Ante o crecente número de xente nova que cada vez se interesaba máis na asociación, o colectivo tivo a ocasión de poñer un novo nome a unha nova experiencia, pois non a todo o mundo lle gustaba o de “Raíces e Cañotos”. E así xurdiron os Xermolos.
Seguen funcionando ámbalas dúas asociacións: A Asociación Xuvenil de Guitiriz: Xermolos, e a Asociación Xuvenil de Xermolos.
Unha centrada nos maiores: Escola Social Rural, Venres Culturais, Cabalgata de Reis…, outra nos máis novos: clases de guitarra, de gaita, teatro, certames, festival. Compartindo os mesmos locais, as mesmas actividades e xuntanzas.
A labor de Xermolos chega cada vez máis lonxe. O Festival de Pardiñas, feira e festa da música e da arte, vai congregando cada vez a máis xente de toda Galicia…