Antón Torres Queiruga
André Torres Queiruga (Aguiño, 1940) é Doutor en Filosofía e Teoloxía. Profesor de Filosofía da Relixión na Universidade de Santiago. É membro da Real Academia Galega desde 1980, membro do Consello da Cultura Galega, director de “Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián” e membro dos consellos de redacción de “Iglesia Viva”, “Sal Terrae”, “Revista Portuguesa de Filosofia” e “Concilium”. Conseguiu o Premio da Crítica de Ensaio en 1977 e 1985, o Premio de Investigación Losada Diéguez en 1996 e o Premio Trasalba (Otero Pedraio) no ano 2003.