Antón Figueroa Lorenzana
Antón Figueroa Lorenzana (Chantada,1943) é un profesor galego e un teórico da literatura. Catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Figueroa mantén unha constante preocupación pola renovación metodolóxica dende as teorías da recepción ata o concepto de campo literario. É membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro.
Entre as súas obras destacan “Diglosia e texto” (Xerais, 1988), “Lecturas alleas” (Sotelo Blanco, 1996), “Nación, literatura e identidade” (Xerais, 2001) e “Ideoloxía e autonomía no campo literario galego” (Laiovento, 2010), entre outras.
Texto: Galipedia