Alejo Amoedo
O xurado da XLIV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Música, formado por Luis Costa Vázquez, profesor do Conservatorio Superior de Vigo; Patricia Hermida, xestora cultural; Sofía Infante Souto, compositora especializada en música de cine; Rodrigo Romaní, músico e profesor da ETRAD de Vigo; Daniel Salgado, xornalista e músico; Margarita Viso, compositora e intérprete, gañadora da edición 2020 e Mariana Fernández Carballal, Secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Susana Seivane, Abraham Cupeiro, Alejo Amoedo e Treixadura.
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Alejo Amoedo.
O xurado salientou a súa actividade concertística continuada ao longo do ano, así como as súas colaboracións periodísticas de difusión da nosa historia musical en Faro de Vigo e en Nós diario, actividades que son unha mostra da súa longa traxectoria como dinamizador de posta en valor da patrimonio musical galego.