Agrupación Musical do Rosal
A Agrupación Musical do Rosal presentouse ó público o 4 de maio de 1986, cando era director D. Laureano Matos Barcia. No ano 1988 pasa a dirixir a banda D. José Luis Represas Carrera, ata finais de 1990 cando se fai cargo da dirección, ata 2006, D. José Vicente Simeó Máñez. O novo director, D. Diego Javier Lorente faise cargo ata 2012, collendo o relevo D. Marcel van Bree.
Dende a súa creación leva organizando innumerables actos culturais, concertos pedagóxicos, de grupos de cámara, con acompañamento coral…, e dende o ano 1989 organiza anualmente no Concello do Rosal o “Festival de Músicos Xoves”, que xa contou coa participación de bandas da Comunidade Valenciana, como a “Banda Juvenil de la Unió Musical de Lliria”, “Lira Castellonense” de Vilanova de Castelló, “Unió Musical de Sta. Mª del Puig”, “Banda del Centro Cultural e Instructivo Sta. Cecilia de Puçol”; e tamén de bandas portuguesas como as de Monçao e Lanhelas.
Actualmente, a banda está formada por 115 compoñentes, algúns deles coas carreiras musicais rematadas. Na súa escola de música conta con profesores de música e movemento, linguaxe musical, madeira, metal, percusión e corda, e dende o ano 1997 está incluída no Rexistro de Escolas de Música da Xunta de Galicia.