Semana da Filosofía de Pontevedra
A Aula Castelao celebra a “Semana de Filosofía” dende o curso 1981-1982. No ano 2007 a semana celebrouse baixo o título “Filosofía e diferenzas”. Entre os días 9 e 13 de abril dese ano, ofréceronse diversas conferencias arredor das áreas “Pensar as diferenzas”, “Diferenzas aquí e agora” e “Diferenzas vetadas”. Na XXIV edición da Semana Galega da Filosofía destacaron palestras como “Os disfraces da indiferenza” de Ángel Gabilondo ou “Lingua e nación” de Darío X. Cabana e Anxo Angueira.
Fotografía: Palestra de Alba Nogueira na Semana Galega de Filosofía 2013.