Revista Bravú
Bravú foi unha revista editada por Xerais na década de 1990 en Galiza. Nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, o chamadao bravú, entre estes Xurxo Borrazás, Gonzalo Navaza, Suso de Toro, Xurxo Souto, Fran Alonso ou Santiago Jaureguízar. Destacou como revista de contidos alternativas cunha mirada satírica sobre a realidade do país. O seu director foi Xosé Manuel Pereiro e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou Manu Chao. O deseño gráfico correu a cargo de María Luaces.
Foto: María Luaces
Texto: Galipedia