cuerpo_29956

Amador Santos Bartolomé naceu en Burgos o 15 de febreiro de 1937. Estudou a carreira superior de Piano no Conservatorio de Bilbao. Tamén se licenció coas máximas puntuaciones na carreira de compositor. En 1963 ingresou no Corpo Nacional de Directores Civís.

Con 28 anos recentemente cumpridos púxose á fronte da Banda e Escola de Música de Luarca (Oviedo), cidade na que fundou a Coral Severo Ochoa. En 1967, por oposición, foi nomeado director da Banda Municipal de Santiago, actividade que compaxinou coas clases de Música no colexio Manuel Peleteiro e no Conservatorio Superior de Música da Coruña, onde alcanzou o título de catedrático. Ademais, escribiu centenares de artigos en prensa e fundou a Coral Amigos de Compostela.

(Texto: El Correo galego)