A Peneira
A Peneira foi unha publicación periódica quincenal en galego editada en Ponteareas desde o ano 1984 até comezos de 2011, a cargo de Edicións A Peneira. Conxuntamente co xornal repartíase o suplemento cultural Kalaikia.
Edicións A Peneira dispón de dúas cabeceiras máis, tituladas A Peneira do Condado e A Peneira da Louriña, que son referentes da prensa comarcal na súa zona de influencia. Así mesmo edita un suplemento para a zona de Vigo – Baixo Miño – Val Miñor, de frecuencia mensual.
Por outra banda, a publicación conta cunha versión dixital, sendo unha das páxinas de información en lingua galega máis vistas do país