Terras de Rubiás

Os Pobos do Couto Mixto estan constituídos polos lugares actuais de Santiago e Rubiás (ambos os dous na parroquia de Rubiás os Mixtos, concello de Calvos de Randín) e mais As Maus (na parroquia de Tosende , concello de Baltar), tendo en conxunto unha superficie de 26,9 km2.  Hoxe en día suman 200 habitantes entre todas elas. O seu obxectivo é recuperar a memoria histórica do lugar, onde ata 1864 os veciños podían escoller a súa nacionalidade, portuguesa ou española. Ademais traballan polo desenvolvemento de actividades culturais (como os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e de Tras-os-Montes), o proxecto dun Museo Aberto do Couto Mixto (en colaboración co concello de Calvos) e a publicación de diferentes estudos de investigación (como o Inventario microtoponímico do Couto Mixto).

Os Pobos do Couto Mixto recibiron o Premio  de Iniciativas Culturais “pola recuperación da autoestima e memoria histórica coma parte dun espazo xeográfico e cultural, por favoreceren o reencontro da convivencia entre Galicia e Portugal a partir das raíces comúns e por recuperaren unha manifestación de riqueza antropolóxica e cultural que, neste caso, é un exemplo de mestizaxe cultural”.

 

Foto: delfineiras