Cantareliña
Cantareliña foi un certame de canción infantil que entre 1983 e 1990 convocou en San Sadurniño (A Coruña) a rapazada de toda Galicia unida polo amor á música e á súa lingua.Con premios en metálico e retransmitida pola TTVG, en cada edición editábase un disco recopilatorio coas mellores composicións, que pasaron a conformar o primeiro repertorio infantil galego. Polo medio pasaron ducias de grupos, centos de rapaces e compuxéronse máis de 200 pezas musicais.
(Texto María Yáñez en Luzes)