meninos-cantores

Meniños Cantores é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do Norte de Portugal. A iniciativa surdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte…nas ondas! eCasa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte…nas ondas! da canditatura ó Patrimonio Oral e inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO, foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible.