O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, formado por Marisa Barreiro, profesora, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA); Sergio Lago, xestor cultural, co-director do posgrao en Xestión e Innovación Cultural da USC; Xosé Paulo Rodríguez Domínguez, director do teatro Rosalía de Castro; Anxos Sobriño Pérez, lingüista na administración de Xustiza e ex-presidenta da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua); Alejandro Tobar, tradutor, editor de Hugin e Munin; Manuel Vicente, comunicador de ciencia, director de Efervesciencia, gañador da edición 2024 e Ana González Liste, xornalista de Praza pública, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Programa ApegoEspazo Lectura e Código Cero.

 Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio ao programa Apego.

O xurado salientou que o programa Apego é unha iniciativa que neste momento de emerxencia lingüística potencia a inmersión no idioma propio dos núcleos familiares, dotándoos de ferramentas e recursos para a mantenza e consolidación do proceso de transmisión do galego. Valórase especialmente a relación directa e persoal das e dos técnicos de Normalización Lingüística dos concellos implicados coas familias que apostan pola cultura do país. Grazas a que é un proxecto no que colaboran diferentes institucións públicas, de diversas cores políticas, tece rede. Por último, o xurado destaca que mediante a cooperación e optimización de recursos, Apego acada un efecto multiplicador.