obaervatorioO xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Branca Novoneyra, concelleira do concello de Santiago, Cineuropa, gañador da edición anterior; Paz Castro de Kalandraka Editora; Xurxo Mariño, divulgador científico, profesor UDC; Patricia Porto Paderne, libreira, Libraría Lila de Lilith; Patricia Arias Chachero, fundación Otero Pedrayo; Antonio Piñeiro, xestor cultural, Fundación Curros Enríquez e María López Sández, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Programa ConCiencia, Observatorio da Mariña pola Igualdade e Numax Sociedade Cooperativa Galega. Tras as derradeiras deliberacións acordou por maioría outorgar o premio a Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O xurado salientou que “esta iniciativa afonda no traballo necesario pola igualdade de xénero dando visibilidade ao esforzo das mulleres desde o campo literario ao científico. O xurado considerou, así mesmo, o esforzo engadido de xestar unha iniciativa cultural destas caracteríticas na Mariña. A confluencia da muller, a lingua minorizada e a marxe xeográfica confire a este proxecto un carácter de múltiple subalternidade que consideramos digno de ser centro da nosa atención”.