Grupo Nove
O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Roberto Rodríguez Prieto, Artesáns da Pesca, gañador da edición 2016; Jesús Ramos Barcia, profesor de Cociña e Pastelaría do IES Manuel Antonio de Vigo; Alfredo Conde Cid, escritor; Ana Méndez Gil, Denominación de Orixe Ribeiro; Diana Fernández Gómez, blogueira de Bolboretas no bandullo, Antón Sobral, artista e Xavier Limia de Gardón, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Grupo Nove, Instituto Galego do Viño e Restaurante Fogar do Santiso. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Grupo Nove.
O xurado salientou de Grupo Nove “o compromiso de vinte e catro grandes profesionais galegos da cociña que souberon poñer en valor dende as súas orixes a materia prima galega facéndoa internacionalmente visible cunha estratexia integral que xunta cultura, lingua e patrimonio”.