Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920 – A Coruña, 2012) foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. A súa condición de supervivente marcou a súa vida cunha misión: lembrar os mortos e levar a cabo os soños polos que os mataron.
Tras unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.
Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista e a que marcaría os seus derradeiros anos e o seu último fracaso, xa que foi apartado da dirección e da administración do grupo.
Como escritor de ensaio e crítica, destacan “Xente do meu Rueiro”, “O ángulo de pedra”, “Galicia Hoy” (xunto con Luis Seoane), “Paco Pixiñas” (con Celso Emilio Ferreiro), “El Marqués de Sargadelos ou Castelao”, ademais dunha morea de artigos en xornais como La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).
(Texto: Galipedia)