r-empresa

R é o nome comercial de R Cable Galicia, unha empresa galega de telecomunicacións. Na actualidade é propiedade da sociedade de risco inglesa CVC Capital Partners.

En 1998, a raíz da adxudicación do concurso para despregar cable en Galiza, fundáronse as empresas R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A. e R Cable y Telecomunicaciones Coruña S.A., creadas respectivamente para dúas demarcacións territoriais, a demarcación da Coruña e a demarcación que comprendía o resto do territorio galego. Cada unha presentouse e obtivo a concesión administrativa para cada unha das demarcacións.

En 2008 foille concedido o nomeamento de Galego egrexio que concede anualmente a Fundación Premios da Crítica Galicia, por demostrar que unha empresa pode acadar éxito e bos resultados nas súa contas de resultados tendo como lingua oficial a galega, invalidando o discurso prexuizoso e tópico de moitos empresarios que aínda seguen a pensar que o noso idioma non é apto para facer negocios (Xosé González Martínez, Presidente da Fundación).