Daniel García Ramos

Daniel García Ramos (Baña1933 – Santiago de Compostela1998) foi un xuíz galego. Foi xuíz de Bande e A Estrada e despois maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990). Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística na xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en Grial.