Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: Cen anos de literatura galega (1964), Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), Celso Emilio Ferreiro (1982), Decálogo da lingua galega (1990), Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) (1991), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (Xerais 1994, 2002), Ensaios breves de literatura e política (1996), Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971) (2003), A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954 (Xerais 2003), Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006) (Xerais 2006), Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) (Xerais 2004), Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega) (Xerais 2007) e Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) (Xerais 2009, 2010) e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (Xerais 2011) Premio Losada Diéguez (Investigación e Ensaio), 2012. Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. É director do Centro de Estudios Rosalianos e da Revista de Estudios Rosalianos, ademais de autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro.
(Texto: Editorial Xerais)