O xurado da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica, formado Enrique Barreiro Sánchez, concelleiro de Friol, gañador edición 2024; Guillermo Campos Piñón, crítico gastronómico, director e fundador da revista Hostelería galega, gastronomía e turismo; Mariña Fernández, sumiller de Abastos 2;Roberto Filgueira, chef O Balado; José Mouriño Cuba, ex-xefe de industrias e calidade alimentaria de Lugo; Rebeca Munín, xornalista, directora revista Pincha e Manuel Gago Mariño, xornalista, director de culturagalega.org, secretaría. en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Adega AbertaIXP Viños Terras de Navia e CIFP Carlos Oroza.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade  o premio a CIFP Carlos Oroza.

O xurado salientou o papel referencial do CIFP Carlos Oroza como centro educativo de calidade en hostalaría. Amosa como os proxectos educativos precisan de equipos comprometidos, estables e con apostas que perduran no tempo. O centro destaca polo seu compromiso social, participando en numerosas iniciativas, así como a vontade en recuperar o patrimonio cultural e gastronómico no tempo. Unha iniciativa modélica que pon en valor a educación como centro do futuro gastronómico de Galicia.