Festa do Queixo de Friol e Pan de Ousá
O xurado da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica, formado por Juan Casares Gándara, ex-director de EVEGA e do Consello da D.O. Ribeiro; Eva Fachado Rubio, directora do CIFP Vilamarín; Sandra Faginas, crítica gastronómica de La Voz de Galicia; Diana Fernández Gómez, profesora, autora do blog Bolboretas no bandullo; Rogelio Rial Romarís, cociñeiro de Casa Barqueiro de Negreira, gañador de 2023; Paula Roca Saavedra, nutricionista do Sergas e Afonso Vázquez Monxardín, catedrático, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Deleite, Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá e Pulpeiras de Carballiño.
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Feira do queixo de Friol e pan de Ousá, recollendo o premio Enrique Barreiro Sánchez concelleiro de Friol.
O xurado salientou que nesta feira proporcionase protagonismo ao medio rural. Esta actividade constitúe o Exo fundamental de moitas das familias da contorna, que mestura tradición e modernidade; Poñemos así mesmo de manifesto desta festa a posta en valor da elaboración artesanal tanto do queixo como do pan, alimentos indispensabeis na nosa tradición gastronómica. Así como que con 30 anos de experiencia intenta homenaxear e preservar a tradición do queixo e do pan, non so pola práctica da elaboración senón por crear unha rede de consumo próximo.