Flor Maceiras
O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por María Barcala, Teatro do Atlántico, gañadora da edición 2016; Eduardo Rodríguez Cunha, director de Tanxarina; Fran Alonso, editor e poeta; Mercedes González Castro, actriz, membro de Escena Galega; Juan Carlos Zahera, director do Espacio de Danza da USC; Mariana Carballal, actriz e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Mabel Rivera, Kukas Producións Artísticas, Raúl Ferreira e Flor Maceiras.. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Flor Maceiras.
O xurado salientou que “decidiu outorgarlle o galardón a Flor Maceiras pola súa traxectoria como actriz e directora e, moi especialmente, como mestra comprometida cunha formación teatral íntegra concibida desde a base e desde as marxes, que ten o seu obxectivo primordial na igualdade de xénero concibida desde o presuposto da calidade artística”