20160331_8

pcrit2016042O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por Areta Bolado, actriz, A Panadaría Teatro, gañadora edición anterior; Gustavo Pernas, escritor e director; Roberto Pascual, director MIT Ribadavia; Manuel Vieites García, director da EADG; Manuel Guede Oliva, director; Laura Ponte, actriz e Inmaculada López Silva, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Teatro do Atlántico, Kukas Producións Artísticas e Matarile Teatro. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Teatro do Atlántico.

O xurado salientou “a traxectoria de Teatro do Atlántico fundada en 1985 por María Barcala e Xulio Lago, compañía que apostou sempre pola lingua galega como se demsotra no espectáculo O principio de Arquímedes (2015)”. Alén diso, o xurado destacou “a creación dun repertorio propio con diferentes autores e a coherencia no mantemento dunha poética propia, a miúdo independente das correntes dominantes, pero sempre con eleva calidade”. O xurado quixo destacar tamén “a importancia para a Historia do teatro galego dos dous integrantes da compañía: María Barcala, coherente cun modelo de interpretación e de xestión e no seu activismo teatral, que mantén unha reivindicación da figura da muller como creadora e traballadora das artes escénicas, e Xulio Lago, director fundamental no teatro galego, adiantado en tantos cousas, pensador habelencioso dos sucesivos momentos culturais, e artífice non só de Taetro do Atlántico, senón de moitos dos fitos fundamentais do noso teatro”.