P120008

Xosé Xoán Barreiro Prado, nado en Foz en 1958, é un maxistrado galego.

Durante as súas primeiras etapas como xuíz, estivo ao cargo do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, órgano que recibiu o primeiro Premio Lois Peña Novo, en 1995, por ser un dos primeiros xulgados que traballou integramente en galego. É maxistrado presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra e profesor na UNED.

Participa activamente en movementos asociativos. É membro fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e da Irmandade Xurídica Galega. Tamén pertence ao consello de redacción da Revista Xurídica Galega.

(Texto: Galipedia)