Xosé Manuel Beiras Torrado
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras ou simplemente Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista.
Tras ser voceiro nacional, Presidente do Consello Nacional do BNG e posteriormente o seu voceiro no Parlamento de Galicia, lidera o colectivoEncontro Irmandiño primeiro dentro do BNG e logo de se escindir o 12 de febreiro de 2012 fóra da organización frontista, continuando ademais á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago. Tamén é un prolífico escritor, xa ex-numerario da Real Academia Galega.
(Texto: Galipedia)