Manuel Gallego Jorreto
Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.
Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1963, onde tamén se doutorou (1968). Comezou a traballar no estudio deAlejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega onde traballou con Erling Viksjø.
Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego en 1976, e así mesmo, membro do Seminario de Estudos Galegos (1980) e da Fundación Luis Seoane (1996).
Aínda que na súa traxectoria traballou moito sobre vivenda privada e, en concreto, sobre vivenda protexida promovida por administracións públicas (Santa Cruz,Vite, Eirís), as súas obras máis recoñecidas están relacionadas con obra pública.
Foi profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña, na área de Urbanismo, durante máis de vinte anos.
(Texto: Galipedia)