Editorial Galaxia
A Editorial Galaxia fundouse o 25 de xullo 1950 coa ambición de ser unha “editorial independente, de capital exclusivamente galego, que inviste os seus beneficios na propia empresa, comprometida cos valores do galeguismo, o pluralismo e a tolerancia”, anunciaban os seus responsables daquela. «Unha editorial que fai da lingua e da cultura galegas a súa razón de ser».
Pasado máis de medio século, a Editorial Galaxia, con case 2.000 volumes editados e un catálogo vivo de arredor de un milleiro de títulos, constitúe hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega. No seu catálogo figuran os autores e autoras máis significativos das letras galegas: Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Alfonso R. Castelao, Vicente Risco, Ánxel Fole, Florentino López Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro… Mais tamén autores modernos, pertencentes ás sucesivas xeracións que se incorporaron ao cultivo do idioma durante estas décadas.
Texto: Editorial Galaxia.