Basilio Losada Castro

Basilio Losada Castro (Láncara, 1930)  é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Traduce ao castelán e ao galego, e é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge AmadoJosé SaramagoRosalía de Castro ou Pere Gimferrer. En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por Memorial do convento, de Saramago. recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Catalunya; aComenda dá Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela A peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto.

 

(Texto: Galipedia)