O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Escénicas, formado por  María Armesto, director da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC); Eduardo Cunha «Tatán», actor e director da caompañía de títeres Tanxarina, gañador da edición 2024; Daniel González Salgado, profesor, director ESAD; Sabela Hermida Mondelo, actriz e investigadora teatral; Francisco Oti, dramaturgo e investigador teatral; Dolores Vilavedra, crítica, catedrática de Literatura Galega da USC eBranca Roig Rechou, profesora “ad honorem” USC, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: As gardiás de Teatro de Ningures, Iribarne de ButacaZero e Helen Keller. A muller marabilla do grupo Chévere. 

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por  unanimidade o premio a As gardiásde Teatro de Ningures

O xurado salientou a dilatada traxectoria profesional de Teatro de Ningures, non só polos trinta espectáculos creados senón tamén por impulsar o teatro comunitario e pola súa vinculación coa formación artística. O espectáculo As gardiás, estreada en outubro 2024 cuestiona o sistema residencial e abre as portas a novos modelos de autoxestión vital propoñendo un necesario debate sobre os coidados na vellez.