Manuel Ayaso
O xurado da XLIV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Plásticas, formado por Luciano Alfaya, arquitecto; Yolanda Carbajales, gravadora; Alfonso Costa, pintor, gañador da edición 2020; Francisco González Bouzán, director do centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense; Mónica Maneiro, crítica e comisaria; Ana Soler, pintora e profesora e Ernesto Sánchez Pombo, Secretaría, Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Manuel Paz, Manuel Buciños e Manuel Ayaso.
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Manuel Ayaso.
O xurado salientou a súa traxectoria, a capacidade creativa, a construción de linguaxe persoal e a presenza de Galicia na súa obra pictórica, así como o seu recoñecemento internacional.