O xurado da XLII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, formado por Alba Aguiar, directora de Arte, vestuarista; Miguel Canalejo, actor e guionista; Ángel de la Cruz, director, guionista, produtor e profesor; Álvaro Gago, director de Matria, gañador da edición anterior; Chelo Loureiro, produtora, fundadora de Abano de Producións;  Olga Osorio, directora e profesora da EIS da Coruña e Mariana Fernández Carballal, secretaría, que actuou como secretaria, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Lucía Catoira Pan, Fariña (serie)e Bambú producciones. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Fariña (serie).

O xurado salientou que «ademais da evidente calidade das produción e realización e dos traballos dos seus equipos técnico e artístico, polo considerable esforzo da produtora en apostar por unha historia e uns equipos galegos que lograron situar a Galicia no mapa audiovisual internacional nun momento crucial da produción de ficción para TV, abrindo un sólido camiño para as persoas profesionais, produtoras e historias propias».