Novas

Premios da Crítica de Galicia 2022, presentación de candidaturas

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2022, que se ditaminarán en Vigo o 19 de novembro de 2022, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polas súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2022. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com.

– Creación literaria: Xosé Manuel Soutullo,

– Investigación: Eulalia Agrelo.

– Iniciativas Culturais e Científicas: Xosé María Palmeiro.

– Música: Claudia Morán Mato.

– Artes Plásticas: Afonso Vázquez Monxardín.

– Artes Escénicas: Sabela Hermida.

– Cine e Artes Audiovisuais: Xosé Manuel Sande.

– Cultura Gastronómica: Blanca Roig Rechou.

As bases en formato word poden baixarse aquí.