cp33f03506821_224812
O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado Isabel Blanco, Mariana Carballal, Miguel Anxo Fernández, Gustavo Pernas, Mamen Quintas, Xesús Ron e Inma López Silva, que actuou como secretaria, acordou por unanimidade outorgar o premio a Xosé Manuel Olveira “Pico”, non só pola súa traxectoria incuestionábel, senón tamén polo seu traballo teatral e audiovisual como figura capaz de unir eses dous mundos, sempre con seriedade, calidade, intelixencia e fonda humanidade. Alén diso, o xurado desexa destacar a súa participación en obras de particular relevancia durante o ano 2011 coma os filmes Sinbad Doentes¸ e a peza teatral O florido pénsil. O xurado realizou tamén unha mención especial á longametraxe documental Tralas luces, e en especial á súa directora Sandra Sánchez e á produtora Fernanda del Nido, pola súa intensidade e lirismo, e por construír un universo de mulleres nun modelo de produción que, ademais, insiste especialmente nesa dimensión feminina.