panadaria

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado por Luis Patiño, director de cine, gañador da edición anterior; Belén Pichel, presidenta de Escena Galega; Manuel Xestoso, crítico; Ángel Suanzes, xornalista de cine TVG; Montse Dopico, xornalista cultural; Tamara Canosa, actriz. e Camilo Franco, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Pan, pan de A Panadaría Teatro, Perplexo de Il Maquinario Teatro e a Alfonso Zarauza pola dirección de Os Fenómenos. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a “Pan, pan” de A Panadaría Teatro.

O xurado salientou de Pan, pan “a decisión de facer un teatro que responde as dificultades dos tempos e a romper os prexuízos asociados ao humor feito por mulleres. A revelación polo debú dunha compañía saída da ESAD de Galicia cun primeiro espectáculo baseado no traballo das actrices, na creación propia e no risco artístico”.