O xurado da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Artes Plásticas, formado por  Antonio Alonso Fernández, arquitecto; María Xesús Busto, encargada de exposicións do Auditorio de Galicia; Almudena Fernández Fariña, pintora gañadora da edición 2024; Mónica Maneiro, directora artística da Fundación DIDAC e codirectora da Plataforma Festival de artes performativas Andrés Meixide, deseñador e ilustrador; Chus Villar, galerista de Galería Nordés e Xosé Manuel Soutullo, editor, director da editorial Galaxia, secretaría. en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Ánxel HueteChus Martínez e Menchu Lamas.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Chus Martínez. Recolleu o premio Diego Santomé, que leu un texto da artista enviado dende Basiela.

O xurado salientou o seu labor como comisaria da exposición “A Era das Fábulas”, instalada no Museo de Pontevedra entre xullo e setembro de 2024, como unha proposta de museografía contemporánea e a articulación entre novas artistas galegas e outras de recoñecida traxectoria. Así mesmo, salientou o traballo de mediación realizado a través da mostra e valorou a súa traxectoria internacional e as achegas sobre a apertura dos espazos da arte á cidadanía e o apoio, nos últimos anos, á formación de artistas novas galegas.