Novas

Bieito Ledo, discurso do presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia

Reproducimos o discurso que Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, pronunciou ao inicio do acto no que seu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011:

Autoridades, amigas e amigos.

En nome da Xunta Directiva quero darlle a benvida a esta 34 edición desta iniciativa que nace na sociedade civil e preautonómica con criterios de pluralidade ideolóxica, xeracional e territorial e que se ven celebrando dunha forma ininterrompida dende 1.978.

Os premios da Crítica Galicia son froito dun labor colectivo, escritores, investigadores, músicos, artistas, dinamizadores culturais…., labor recollido e potenciado polos medios de comunicación e os seus xenerosos traballadores.

Nos xurados de todos estos anos teñen participado máis de 800 persoas e temos entregado 214 premios representados nesta estatuiña que simboliza ao noso trobeiro Martín Códax deseñada por Isaac Díaz Pardo e agasallada por Cerámicas Sargadelos.

O eixo de todo este percorrido baseouse no galeguismo integrador, que nós, os da Fundación, recentemente anovada, renovada e ampliada, concibimos como “fortiter in re suaviter in modo”, man forte con luva de seda, deixando ben claro que non se debe confundir a luva coa man, man que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre.

Agradecementos aos nosos patrocinadores e colaboradores.

Parabéns aos premiados.

Quedan todos vostedes convidados para a 35 edición que celebraremos o ano que ven en datas aproximadas ao 17 de maio, Días das Letras Galegas.

Camiñante entre caracochas

Este é o boceto de «Camiñante entre caracochas», a serigrafía de Antón Pulido que recibíu cada un dos asistentes á cerimonia dos Premios da Crítica Galicia 2011. Un traballo extraordinario do grande mestre de Amoeiro que foi moi gabado polos participantes. Parabéns!!!

Os Premios da Crítica Galicia 2011 nos medios

Foron moi numerosas as referencias publicadas nos medios sobre a cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011.

  • “Orgullosos de seren profetas na súa terra cos Premios da Crítica” (Atlántico diario, 24-10-2011)
  • «Os novos Premios da Crítica apostan pola correción arriscada» (La Voz de Galicia, 23-10-2011)
  • «Los Premios da Crítica distinguen a Ángela de la Cruz, Son de Seu y Jorge Mira» (Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, 23-10-2011)
  • «Vigo acolleu o acto de entrega dos Premios da Crítica 2011» (Atlántico diario e La Región 23-10-2011)
  • «Decidida aposta pola excelencia creativa» (El Correo Gallego, 23-10-2011)
  • «Romaní y De la Cruz reciben o Premio da Crítica» (El País, 23-10-2011)
  • «Ana Romaní, Jorge Mira y Chévere entre los Premios de la Crítica 2011»(ABC, 23-10-2011)
  • «Galeguismo integrador» (Brétemas, 23-10-2011)
  • «Comentario sobre os Premios da Crítica» (Xosé Manuel Eyré, 23-10-2011)
  • “Premios da Crítica Galicia (editio 34)” (Xabier Limia Gardón, 24-10-2011)
  • “Uns renovados Premios da Crítica celebran a vitalidade da cultura galega” (Culturagalega.org, 24-10-2011)