40 anos dos Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia, que naceran en Vigo por iniciativa do Círculo Ourensán-Vigués, chegan ao seu 40 aniversario festexando a permanencia e os resultados de catro décadas de presencia ininterrompida no panorama cultural galego. Neste tempo, preto de trescentas persoas, organismos ou institucións, foron distinguidos polo labor desenvolvido en galego, desde Galicia e para o mundo.

Cada ano vénse recoñecendo a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia. Naceron por iniciativa da sociedade civil, anticipándose ao inicio da Autonomía, como unha plataforma plural, independente e interxeracional, para tomar o pulso do latexo da creación cultural en Galicia.

A celebración deste aniversario terá lugar nun acto aberto ao público que comezará ás 12 h. do sábado, 20 de maio, na sede de Afundación (Policarpo Sanz, 26, en Vigo). Estreárase un documental realizado pola TVG, con guión e a dirección de Xosé Manuel Vega, onde se fai un repaso á evolución da cultura nos 40 anos transcorridos. Haberá unha actuación de Carlos Núñez e unha intervención do Alcalde de Vigo, cidade que acolleu tódalas edicións dos Premios.

Eis o convite para o acto aberto ao público deseñado polo artista plástico e vicepresidente da Fundación, Antón Pulido.

Ditame dos Premios da Crítica 2016

pcrit2016072No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 19 de novembro o ditame da trixésima novena edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Baixo o lema “En Irmandade”, lembrando o centenario das Irmandades da Fala, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Noelia Otero, saudando aos asistentes e lembrando a traxectoria destes premios que chegan a súa triséxima novena edición.

O deserto de María do Cebreiro, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Ana Acuña Trabazo, crítica, profesora UDV; Dolores Vilavedra, crítica, profesora USC; Teresa Seara, crítica, profesora UDC; Malores Villanueva, crítica; Marta Neira Rodríguez, crítica, profesora UDV; David Otero Rodríguez, escritor e Afonso Vázquez Monxardín que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo (Xerais), O deserto de María do Cebreiro (Apiario) e Os últimos días de Terranova de Manuel Rivas (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de María do Cebreiro O deserto editada por Apiario.

O xurado salientou que “a alta calidade do libro radica tanto na súa autenticidade, propia dunha voz tan persoal como é a da autora, como na integración de diversas referencias culturalistas que aínda así non impiden a intelixibilidade da mensaxe poética. Tamén se fixo referencia ao diálogo coas imaxes que conforman o libro, así como o coidado estético deste como produto artítico”.

Historia da literatura infantil e xuvenil galega de Blanca Roig, Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Pena, escritor, gañador da edición anterior; Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Xeoloxía de Galicia, catedrático da UDC; Celia Vázquez, profesora da Facultade de Tradución da UDV; Marilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC; Antonio Rodríguez Colmenero, arqueólogo; Ramón Lourenzo, catedrático da USC. e Modesto Hermida García, que actuou como secretario en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou declarar como finalistas ás obras Medo político e control social na retagarda franquista de Lucio Martínez Pereda (Xerais); Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou (Xerais) e Juan Rof Codina de Diego Conde Gómez (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Historia da literatura infantil e xuvenil galega do equipo coordinado por Blanca Troi Rechou (Xerais).

O xurado destacou que a obra gañadora “ten moito interese para a comunidade educativa e para novos investigadores sobre literatura infantil. Así mesmo que o equipo investigador realizou un grande esforzo na recompilación de materiais nunha área decisiva para o futuro das letras galegas, ao tempo que serve de base para outras investigacións e e exercicios críticos máis detallados”.

Observatorio da Mariña pola Igualdade, Premio de Iniciativas Culturais e Científicas

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Branca Novoneyra, concelleira do concello de Santiago, Cineuropa, gañador da edición anterior; Paz Castro de Kalandraka Editora; Xurxo Mariño, divulgador científico, profesor UDC; Patricia Porto Paderne, libreira, Libraría Lila de Lilith; Patricia Arias Chachero, fundación Otero Pedrayo; Antonio Piñeiro, xestor cultural, Fundación Curros Enríquez e María López Sández, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Programa ConCiencia, Observatorio da Mariña pola Igualdade e Numax Sociedade Cooperativa Galega. Tras as derradeiras deliberacións acordou por maioría outorgar o premio a Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O xurado salientou que “esta iniciativa afonda no traballo necesario pola igualdade de xénero dando visibilidade ao esforzo das mulleres desde o campo literario ao científico. O xurado considerou, así mesmo, o esforzo engadido de xestar unha iniciativa cultural destas caracteríticas na Mariña. A confluencia da muller, a lingua minorizada e a marxe xeográfica confire a este proxecto un carácter de múltiple subalternidade que consideramos digno de ser centro da nosa atención”.

Uxía, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado por Guadi Galego, música, gañadora da edición anterior; Xosé Aldea, editor, director de Culturgal; Cristina Pujales, técnica do Arquivo Sonoro de Galicia; Tomás Camacho, guitarrista; Xoán Piñón, músico; Ángeles Feijoo, produtora e María Xosé Porteiro, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Uxía, María Fumaça e Festival de Ortigueira. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a Uxía.

O xurado salientou “a longa traxectoria de Uxía como intérprete, comezada en 1986, coa gravación de Foliada de marzo, así como a súa calidade como compositora e letrista. O xurado destacou de Uxía “a súa condición de ponte entre as distintas culturas da lusofonía e de divulgadora da poesía galega, especialmente no eido infantil”. Outro tanto, o xurado destacou “o seu traballo de promoción de proxectos tan necesarios para a súa visibilidade na sociedade como María Fumaça. Sen esquecer, Baladas da Galiza imaxinaria, o seu ultimo disco en colaboración con Fran Perez Narf”.

Gabriel Tizón, Premio de Artes Plásticas

O xurado da modalidade de Artes Plásticas, formado por Xaquín Marín, humorista gráfico, gañador da edición anterior; Román Pereiro, crítico; Celestino Poza Domínguez, xestor cultural; Alberto de Paula Prieto, arquitecto; Luz Darriba, artista; Cristina Carballedo, comisaria e Xavier Limia de Gardón, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Soledad Penalta, Paco Pestana e Gabriel Tizón. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por votación o premio a Gabriel Tizón.

O xurado salientou “a súa calidade estética dentro dun compromiso social dende a súa profesión ao longo do mundo: Guinea Bissau, Lesbos, Subia, Calais… poñendo énfase nos conflitos humanitarios duns tempos convulsos, que nos achega e ,ao mesmo tempo, proxecta o noso país na esfera internacional”.

Teatro do Atlántico, Premio de Artes Escénicas

O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por Areta Bolado, actriz, A Panadaría Teatro, gañadora edición anterior; Gustavo Pernas, escritor e director; Roberto Pascual, director MIT Ribadavia; Manuel Vieites García, director da EADG; Manuel Guede Oliva, director; Laura Ponte, actriz e Inmaculada López Silva, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Teatro do Atlántico, Kukas Producións Artísticas e Matarile Teatro. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Teatro do Atlántico.

O xurado salientou “a traxectoria de Teatro do Atlántico fundada en 1985 por María Barcala e Xulio Lago, compañía que apostou sempre pola lingua galega como se demsotra no espectáculo O principio de Arquímedes (2015)”. Alén diso, o xurado destacou “a creación dun repertorio propio con diferentes autores e a coherencia no mantemento dunha poética propia, a miúdo independente das correntes dominantes, pero sempre con eleva calidade”. O xurado quixo destacar tamén “a importancia para a Historia do teatro galego dos dous integrantes da compañía: María Barcala, coherente cun modelo de interpretación e de xestión e no seu activismo teatral, que mantén unha reivindicación da figura da muller como creadora e traballadora das artes escénicas, e Xulio Lago, director fundamental no teatro galego, adiantado en tantos cousas, pensador habelencioso dos sucesivos momentos culturais, e artífice non só de Taetro do Atlántico, senón de moitos dos fitos fundamentais do noso teatro”.

Alberte Pagán, Premio de Cine e Artes Audiovisuais

O xurado da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais, que se outorgaba por vez primeira, formado por Manuel González Álvarez, profesor; Beli Martínez, profesora UDV; Ramiro Ledo Cordeiro, presidente de NUMAX; Daniel Domínguez, guionista; Suso Novas, programador cultural; Iria Sobrado, actriz e Antón Sobral, que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Alberte Pagán, Play doc de Tui e S8 Mostra de cine periférico da Coruña. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Alberte Pagán.

O xurado salientou de Alberte Pagán “a súa condición de cineasta total, así como a integridade e coherencia no seu traballo tanto intelectual como artístico. A súa faceta como investigador, docente, programador, ensaísta, poeta, tradutor, novelista, activista cultural, pero basicamente pola alta calidade cinematográfica da súa obra, abrindo camiños poucos transitados polas cinematografías de calquera país”.

Artesáns da Pesca, Premio de Cultura gastronómica

O xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Miguel Vila Pernas, gastrónomo, gañador da edición anterior; Xavier Castro Pérez, gastrónomo, profesor da USC; Pepe Solla, cociñeiro; Marisol Bueno, bodegueira, D.O. Rías Baixas; Marta Fernández Vázquez, Escola Superior de Hostelería; Ricardo García Rodríguez, hosteleiro e por Blanca Roig Rechou, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Manuel Gago, Artesáns da Pesca e David Sueiro (Galo Celta). Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Artesáns da Pesca.

O xurado salientou de Artesáns da Pesca “o seu compromiso por unha pesca sostible, defensa das artes tradicionais, especialmente as de baixura e proximidade”. Ademais destacou “o seu labor de concienciación do colectivo pesqueiro e a procura da innovación e a excelencia”. Por último, o xurado fixo unha mención especial de “David Sueiro (Galo Celta) por liderar un traballo que vai máis alá da recuperación dunha raza autóctona”.

Galeria de fotos de Xulio Xil.

Xurados dos Premios da Crítica Galicia 2016

PCG 2015 XURADOS

O sábado 19 de novembro de 2016 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXIXª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das oito modalidades:

Creación literaria: Afonso Vázquez Monxardín,secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Ana Acuña Trabazo, crítica, profesora UDV; Dolores Vilavedra, crítica, profesora USC; Teresa Seara, crítica, profesora UDC; Malores Villanueva, crítica; Marta Neira Rodríguez, crítica, profesora UDV e David Otero Rodríguez, escritor.

Investigación: Modesto Hermida García, secretaría Fundación Premios da Crítica Galicia; Xosé Ramón Pena, escritor, gañador da edición anterior; Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Xeoloxía de Galicia, catedrático da UDC; Celia Vázquez, profesora da Facultade de Tradución da UDV; Marilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC; Antonio Rodríguez Colmenero, arqueólogo e Ramón Lourenzo, catedrático da USC.

Iniciativas Culturais e Científicas: María López Sande, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Branca Novoneyra, concelleira do concello de Santiago, Cineuropa, gañador da edición anterior; Paz Castro, editora, Kalandraka; Xurxo Mariño, divulgador científico, profesor UDC; Patricia Porto, libreira, Libraría Lila de Lilith; Patricia Arias Chachero, fundación Otero Pedrayo e Antonio Piñeiro, técnico de cultura, concello de Celanova.

Música: María Xosé Porteiro, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Guadi Galego, música, gañadora da edición anterior; Xosé Aldea, editor, director de Culturgal; Cristina Pujales, responsable do Arquivo Sonoro de Galicia; Tomás Camacho, guitarrista; Xoán Piñón, músico e Ángeles Feijoo, produtora.

Artes Plásticas: Xavier Limia de Gardón, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Xaquín Marín, humorista gráfico, gañador da edición anterior; Román Pereiro, crítico; Celestino Poza Domínguez, xestor cultural; Alberto de Paula Prieto, arquitecto; Luz Darriba, artista e Cristina Carballedo, comisaria.

Artes Escénicas: Inma López Silva, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Areta Bolado, actriz, A Panadaría Teatro, gañadora edición anterior; Gustavo Pernas, escritor e director; Roberto Pascual, director MIT Ribadavia; Manuel Vieites García, director da EADG; Manuel Guede Oliva, director e Laura Ponte, actriz.

Cine e Artes Audiovisuais: Antón Sobral, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Manuel González Álvarez, profesor; Beli Martínez, profesora UDV; Ramiro Ledo Cordeiro, presidente de NUMAX; Daniel Domínguez, guionista; Suso Novas, programador cultural e Iria Sobrado, actriz.

Cultura gastronómica: Blanca Roig Rechou, secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia; Miguel Vila Pernas, gastrónomo, gañador da edición anterior; Xavier Castro Pérez, gastrónomo, profesor da USC; Pepe Solla, cociñeiro; Marisol Bueno, bodegueira, D.O. Rías Baixas; Marta Fernández Vázquez, Escola Superior de Hostelería; Ricardo García Rodríguez, hosteleiro.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2016. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades:

Creación literaria: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Investigación: Modesto Hermida García, regomazaira@hotmail.com

Iniciativas Culturais e Científicas: María López Sández, mlsandez@gmail.com

Música: María Xosé Porteiro, maria.xose.porteiro@gmail.com

Artes Plásticas: Xavier Limia de Jardón, xaligard21@gmail.com

Artes Escénicas: Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com

Cine e Artes Audiovisuais: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

Cultura Gastronómica: Blanca Roig Rechou, blanca.roig@usc.es

As propostas tamén poden ser dirixidas a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Convocados os Premios da Crítica Galicia 2016

Premios_da_Crítica_Galicia_2016-Cartel

A Fundación Premios da Crítica Galicia acordou na súa reunión do 18 de maio aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica Galicia 2016 e nomear as secretarías de cada unha das modalidades. Novidades principais desta XXXIXª, que se ditaminará en Vigo o 19 de novembro de 2016 baixo o lema «En irmandade», son a creación dunha nova modalidade de «Cine e Artes Audiovisuais» e a modificación do descritor da de «Iniciativas Culturais» como de «Iniciativas Culturais e Científicas».

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2016. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Investigación: Modesto Hermida García, regomazaira@hotmail.com

Iniciativas Culturais e Científicas: María López Sández, mlsandez@gmail.com

Música: María Xosé Porteiro, maria.xose.porteiro@gmail.com

Artes Plásticas: Xavier Limia de Jardón, xaligard21@gmail.com

Artes Escénicas: Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com

Cine e Artes Audiovisuais: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

Cultura Gastronómica: Blanca Roig Rechou, blanca.roig@usc.es

A composición dos xurados de cada unha das oito modalidades pode coñecerse aquí.

Os Premios da Crítica Galicia e a cultura galega

Fundacion_Prmeios_da_Critica_Galicia_30_04-2016

A Fundación Premios da Crítica Galicia organizou o sábado 30 de abril no salón de actos do Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas un debate sobre a cultura galega a través das 38 edicións dos seus premios que se veñen celebrando de forma ininterrumpida dende 1978. Hora e media ben cumprida de reflexión onde compartiron palabra con Bieito Ledo, presidente da Fundación e fundador dos premios, a escritora Inma López Silva, o editor Manuel Bragado e os xornalistas María Xosé Porteiro e Xosé María Palmeiro. A pesar do inevitable aroma de melancolía que supuxo facer balance e ollar cara atrás, todos os cinco intervinientes compartiron a necesidade de afrontar mudanzas profundas, tanto nas formas de comunicación como nos contidos do que entendemos por «cultura galega».

Inma López Silva ocupouse de analizar as modalidades dos premios relacionadas as Artes Escénicas, primeiro como Ciencias e Artes da Representación e dende 2011 como Artes Escénicas e Audiovisuais. Para a profesora da ESAD dende 1979, ano no que foi premiado o grupo Troula, «os Premios da Crítica Galicia foron unha radiografía do teatro galego e do mundo do audiovisual». Salientou entre os premiados Mamasunción (1985), Antón Reixa (2001), o Equipo técnico e artistas galegos de Mar adentro (2005), Nova Galega de Danza (2009) e as últimas edicións onde foron premiadas compañías que están renovando o teatro galego actual, Chévere (2011), Voadora (2013) e A Panadaría Teatro (2015). Rematou Inma lembrando o premio outorgado en 2012 a Xosé Manuel Olveira «Pico», «que foi todo no teatro e no audiovisual galego das últimas décadas».

Manuel Bragado analaizou a modalidade de Creación Literaria, que para o editor contribuíu á normalización dun sector que foi ampliando amodiño os seus públicos e profesionalizando o propio sector editorial. Repasando a nómina das 38 obras gañadoras, reparou no feito que 23 fosen narrativas e 15 poéticas. Repetiron como gañadores Carlos Casares (1980, 1999 e 2003), Víctor Freixanes (1983 e 1989), Suso de Toro (1987 e 2010), X.L. Méndez Ferrín (1988 e 1992), Manuel Rivas (1994 e 2007) e Agustín Fernández Paz (2012 e 2015). En canto ás editoriais, Xerais obtivo o premio en catorce ocasións, Galaxia en doce, Espiral Maior en catro  e nunha Edicións do Cerne, Ir Indo, O Castro, Laiovento, A Nosa Terra, Tema, Nós e a autoedición de Afonso Pexegeurio, gañador da primeira edición (1978). Salientou a escasa presenza no palmarés de obras escritas por mulleres, xa que houbo que agardar a 1995 (despois de dezasete edicións) a que fora premiada Marilar Aleixandre por A expedición do Pacífico, sendo tamén a primeira ocasión no que era recoñecida unha obra da literatura infantil e xuvenil. Xaora, o número de escritoras premiadas foi apenas de cinco: Marilar Aleixandre (1995), Pilar Pallarés (1997), Anxos Sumai (2004), Luisa Villalta (2005) e Ana Romaní (2011).

María Xosé Porteiro ocupouse de analizar a modalidade de Iniciativas Culturais, onde salientou que dende a primeira edición, na que foi premiado o Museo do Pobo Galego, recoñecéranse iniciativas colectivas. «Ao longo destes trinta e oito anos tívose unha visión moi ampla, moi panorámica, moi extensa, como se pode comprobar na nómina de iniciativas gañadoras e tamén de finalistas, como sucedeu na primeira edición con Vagalume, aquela revista infantil galega». Xaora, insistiu Porteiro na necesidade de enlazar coas xeracións da Diáspora e no feito de que nestas case catro décadas «non perdemos identidade, gañámola, xa que fomos capaces de pensar en global e actual en local». Rematou apelando «a necesidade de que os Premios da Crítica Galicia mudasen as formas para actuar e comportarse co espírito das novas xeracións».

Pola súa banda, Xosé María Palmeiro abordou a profunda mudanza que no sistema de medios se produciu en Galicia dende 1978, «un momento no que comezou a concibirse Galicia como un espazo informativo propio e no que apareceron publicacións en lingua galega como Teima, Man común e máis tarde A Nosa Terra». «Un momento no que se produciu a atención cara o local e a reivindicación do papel da lingua e do argumento informativo de Galicia, Nese caldo de cultivo naceu a iniciativa dos Premios da Crítica Galicia». A seguir, Xosé María Palmeiro fixo unha inquedante reflexión sobre a situación actual do sistema de medios de en Galicia sometido a un proceso de concentración: «algo non vai ben. Non andamos ben en conxunto, Algo non vai ben a pesar da hipermultiplicación de pantallas. Algo non vai ben na expresión do relato de Galicia e en galego».

Foto de Anxo Rajó.