A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia 2011 acordou na súa reunión do 14 de setembro nomear os xurados que ditaminarán cada unha das modalidades.
Creación Literaria: Suso de Toro (escritor, gañador da edición 2010 de Creación Literaria), Manuel Forcadela (escritor, gañador da edición 2010 de Ensaio), Isabel Soto López (crítica literaria), María Xesús Nogueira (profesora USC), Carme Pérez-Sanjulián (profesora UDC), Eulalia Agrelo Costas (investigadora do Centro Ramón Piñeiro) e María López Sández (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).
Investigación: María Xosé Agra Romero (catedrática USC), Senén Barro Amenedo (catedrático USC), Miguel Barros Puente (gañador da edición 2010 de Investigación), Domingo Docampo Amoedo (Catedrático UDV), Uxío Labarta Fernández (profesor de Investigación CSIC), Isabel Mociño González (investigadora do Centro Ramón Piñeiro) e Blanca-Ana Roig Rechou (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).
Música: Joám Trilho (Ars Galliciae, gañador da edición 2010), Victor Carou (director do Auditorio de Galicia), Ramón Castromil (pianista), Uxía Senlle (cantante), Xurxo Souto Eiroa (escritor), Berta Fresco (profesora de piano do Conservatorio de Vigo) e Antón Pulido (secretaría, Fundación Premios da Critica Galicia).
Iniciativas Culturais: Natalia Balseiro (enxeñeira cultural), Chelo Loureiro Vilarello (produtora), Manuel Gago (director de culturagalega.org), Manuel P. Rúa (técnico de cultura), Alfonso Blanco Torrado (crego, presidente da Asociación Cultural Xermolos), Daniel Salgado (xornalista) e Marcos Lorenzo (secretaría, Fundación Premios da Crítica).
Artes Plásticas e Visuais: Enrique Acuña (gañador da edición 2010 de Artes da Representación), Antón Castro (crítico, profesor da UDV), Mercedes Rozas (crítica), Manuel Vilariño (fotógrafo), Alfonso Penela (arquitecto), Jaime Asensi (deseñador) e Antón Sobral (secretaría).
Artes Escénicas e Audiovisuais: Manolo González (profesor), Euloxio Ruibal (dramaturgo), Nerea de Valenzuela (crítica), Cristina Domínguez Dapena (directora teatral), Camilo Franco (crítico), Miguel Castelo (director de cine) e Comba Campoy García (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).
Os ditames de cada un dos xurados daranse a coñecer o sábado 22 de outubro no decurso dunha cea que comezará ás 20:30 horas.
A xunta directiva da Fundación dos Premios da Crítica Galicia na súa reunión do 14 de setembro aprobou as bases que rexerán a convocatoria da edición 2011. Os xurados de cada unha das modalidades estará formado por sete persoas, que terán competencia exclusiva para establecer os criterios de valoración (calidade, incidencia social, oportunidade, novidade…) de cada unha das candidaturas concorrentes. Con todo, o recoñecemento da excelencia e da relevancia para a cultura galega que ofrezan as achegas a considerar, deberá ser a guía sobranceira no seu proceso de avaliación. Así mesmo, naquelas manifestacións culturais que precisen da intervención do idioma este será o galego.
O pasado 4 de agosto, convocada por Bieito Ledo Cabido e Antón Pulido, patróns da Fundación Premios da Crítica Galicia, celebrouse unha reunión na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura coa intención de constituír a nova xunta directiva da entidade. Conformada cos criterios de pluralidade xeracional, equilibrio territorial e pluralidade ideolóxica do país, conformouse un equipo que asumiu a responsabilidade de organizar as vindeiras edicións destes premios, ditaminados de forma ininterrompida dende 1978, primeiro cando eran organizados polo Círculo Ourensán Vigués, e xa dende 1992 pola Fundación Premios da Crítica Galicia.