Novas

Premios da Crítica de Galicia 2023, presentación de candidaturas

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2023, que se ditaminarán en Vigo o 28 de outubro de 2023, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polas súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2023. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com.

– Creación literaria: Míriam Ferradáns.

– Investigación: Inmaculada López Silva.

– Iniciativas Culturais e Científicas: Ledicia Costas.

– Música: Jorge Mira.

– Artes Plásticas: María López Sández.

– Artes Escénicas: Ramón Nicolás.

– Cine e Artes Audiovisuais: Antón Sobral.

– Cultura Gastronómica: Mariana Fernández Carballal.

As bases da convocatoria poden baixarse aquí.