O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía, formado por  Luís Castedo Ribas, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da UDC;  Herminia Domínguez González, catedrática de Enxeñaría Química da UVigo; Minia Manteiga Outeiro, catedrática de Astronomía e Astrofísica da UDC;  María Isabel Medina Méndez, profesora de investigación do CSIC do Instituto de Investigacións Mariñas; Clara Ruíz Ponte, investigadora na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, gañadora da edición 2024; Elena Vázquez Cendón, catedrática de Matemática Aplicada da USC e María de los Ángeles Peña Gallego, profesora de Química Física da UVigo, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas:

Mascareñas, José Luis: Targeting cancer stem cell OXPHOS with tailored ruthenium complexes as a new anticancer strategy | Journal of Experimental & Clinical Cancer Research | Full Text

 Labandeira-Garcia, Jose Luis; Labandeira, Carmen M.; Guerra, Maria J. e Rodriguez-Perez, Ana I.: The role of the brain reninangiotensin system in Parkinson´s disease | Translational Neurodegeneration | Full Text

 Lamas, Daniel; Justo, Andrés; Soilán, Marío; Riveiro, Belén: Automated production of synthetic point clouds of truss bridges for semantic and instance segmentation using deep learning models  Science Direct

 Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Automated production of synthetic point clouds of truss bridges for semantic and instance segmentation using deep learning models de Daniel Lamas, A. Justo, M. Soilán e Belén Riveiro.

O xurado salientou que este traballo do grupo da profesora da Universidade de Vigo Belén Riveiro constitúe unha contribución pioneira no ámbito da dixitalización e mantemento de construcións civís nomeadamente pontes. Isto ten unha implicación directa na seguridade, eficiencia e sostibilidade, reducindo a dependencia de inspeccións visuais e manuais. O resultado desta investigación ten unha especial implicación na nosa comunidade pola variabilidade da orografía galega.