O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Dixital, formado por  Luz Castro Pena, informática, directora de Imaxin software; Chiu Longina, antropólogo, director de Pumpún dixital; Tamara Nóvoa, xornalista, directora d’ A MovidaXosé Manuel Pereiro, xornalista, director da revista Luzes; Carme Prol, xornalista, directora de Café Derby 21, gañadora edición 2024; Sara Seco Rial, creadora de contido dixital e Ledicia Costas, escritora, secretaría. secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Festival Carballo InterplayO Novo Normal e Prado Rúa.

 Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade a Carballo Interplay. Recolleu o premio a directora do festival Andrea Vila.

O xurado salientou que o Carballo Interplay é unha iniciativa pioneira no estado que logrou consolidarse e manterse sen presentar signos de fatiga. É un auténtico viveiro para a creación dixital galega e en galego, conformando en Galicia un ecosistema rico, diverso e profesional. Dentro dun sector masculinizado é un proxecto dirixido por mulleres que fomenta a diversidade e a inclusión, converténdose nun referente global da cultura dixital.