Café Derby 21
O xurado da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Dixital, formado por Manuel Gago Mariño, profesor da USC, director de culturagalega.org; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero, divulgador; Silvia López Gómez, profesora da USC, investigadora en videoxogos; Sara Seco Rial, creadora de contido dixital; Andrea Villa Feijoo, xornalista, traballadora cultural e codirectora de Carballo Interplay; María Yáñez Anllo, profesional da comunicación dixital e audiovisual e Cláudia Morán Mato, xornalista, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Cafe Derby 21 podcast, Real Club Celta de Vigo SAD e Museo do videoxogo.
Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría a Café Derby 21, recollendo o premio Carme Prol e Adrián Lede.
O xurado salientou a capacidade de ter acadado no seu tempo de existencia un espazo de relevancia e dinamización da cultura galega no mundo do podcast, pola diversidade de perfís vencellados ás expresións culturais do momento, cun estilo fresco e mesmo estendendo o podcast a formatos presenciais.