Premios da Crítica Galicia 2013

O sábado 19 de outubro de 2013 celebrarase a cerimonia de anuncio do ditame da XXXVIª edición dos Premios da Crítica Galicia que, a partir das 14:00 horas, terá lugar no decurso dun xantar no Hotel Os Escudos, avenida Atlántida 106, Vigo.

A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das modalidades:

Creación Literaria: Agustín Fernández Paz (escritor, gañador da edición anterior), Antonio García Teijeiro (escritor, profesor), Marta Neira (profesora da Escola Universitaria de Maxisterio CEU de Vigo), María Xesús Nogueira Pereira (profesora de Literatura Galega da USC, membro Sección Crítica AELG), Chus Pato Díaz (escritora, profesora), Cesáreo Sánchez Iglesias (escritor, presidente da Asociación de Escritoras en Lingua Galega) e María do Cebreiro Rábade Villar (secretaría do xurado, profesora da USC, patroa da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Investigación: Patricia Fra López (profesora de Literatura Norteamericana da USC, gañadora da edición anterior 2012), Eulalia Agrelo Costas (docente e investigadora),  Xosé Luís Axeitos (profesor, membro da Real Academia Galega), Francisco Campos Freire (profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC), Francisco Díaz-Fierros Viqueira (científico, catedrático emérito da USC, membro da Real Academia Galega), María Pilar García Negro (escritora, profesora da UDC) e María López Sández (secretaría do xurado, profesora da USC, patroa da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Iniciativas Culturais: Margarita Vázquez Corbal (vocal da directiva d’ O Sorriso de Daniel, gañadora da edición anterior), Isabel Mociño González (investigadora do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades), Xaime Domínguez Toxo (presidente do Ateneo de Pontevedra), Branca Novoneyra (bailarina e poeta), Sergio Lago (xestor cultural), Encarna Lago (xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) e Marcos Lorenzo (xestor cultural, patrón da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Música: Margarita Viso (presidenta da Asociación Galega de Compositores, gañadora da edición anterior), Felipe González (profesor do conservatorio de Vigo, membro do cuarteto Caramuxo); Lorena López Cobas (historiadora); Marta Fernández Pan (profesora do conservatorio de Santiago); Raquel Gamallo (responsable da web Ghastas Pista); Belén Regueira (xornalista da Radio Galega) e Xavier Senín Fernández (secretaría do xurado, profesor, vicesecretario da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes Plásticas de Visuais: Carmen Nogueira (artista, gañadora da edición anterior), Antón Castro (crítico de arte, profesor da UDV), Pilar Corredoira López (crítica de arte e xestora cultural),  José Manuel García Iglesias (crítico de arte e catedrático da USC), César Portela (arquitecto), Enrique Velasco (escultor) e Antón Pulido Novoa (secretaría do xurado, pintor, vicepresidente da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Artes escénicas e audiovisuais: Nuria Sotelo (bailarina de danza contemporánea), Roberto Pascual Rodríguez (profesor da ESAD, director da Mostra de Teatro de Ribadavia), María Yáñez (investigadora audiovisual, co-editora de EMBED), Camilo Franco (xornalista de La Voz de Galicia), Ramón Rozas (xornalista de Diario de Pontevedra), Sabela Hermida (actriz) e Antón Sobral (secretaría do xurado, artista, patrón da Fundación Premios da Crítica Galicia).

Para máis información pode contactarse con Bieito Ledo, presidente da Fundación (667 647 906), ou visitando o sitio web.

 

Bieito Ledo entrevistado en «Faro de Vigo»

Bieito Ledo foi entrevistado por Faro de Vigo. Entre outras cuestións, o presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia valora como un éxito a recente celebración da edición 2011 e o proceso de renovación da directiva, dende os criterios de normalidade e continuidade.

Ledo anuncia a vindeira reunión da xunta directiva da Fundación para o 25 de novembro, no que se establecerán os criterios de convocatoria de 2012 e as súas posibilidades de mellora nunha edición na que continúa apostando pola celebración na cidade de Vigo.

Os Premios da Crítica Galicia 2011 nos medios

Foron moi numerosas as referencias publicadas nos medios sobre a cea na que se deu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011.

  • “Orgullosos de seren profetas na súa terra cos Premios da Crítica” (Atlántico diario, 24-10-2011)
  • «Os novos Premios da Crítica apostan pola correción arriscada» (La Voz de Galicia, 23-10-2011)
  • «Los Premios da Crítica distinguen a Ángela de la Cruz, Son de Seu y Jorge Mira» (Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, 23-10-2011)
  • «Vigo acolleu o acto de entrega dos Premios da Crítica 2011» (Atlántico diario e La Región 23-10-2011)
  • «Decidida aposta pola excelencia creativa» (El Correo Gallego, 23-10-2011)
  • «Romaní y De la Cruz reciben o Premio da Crítica» (El País, 23-10-2011)
  • «Ana Romaní, Jorge Mira y Chévere entre los Premios de la Crítica 2011»(ABC, 23-10-2011)
  • «Galeguismo integrador» (Brétemas, 23-10-2011)
  • «Comentario sobre os Premios da Crítica» (Xosé Manuel Eyré, 23-10-2011)
  • “Premios da Crítica Galicia (editio 34)” (Xabier Limia Gardón, 24-10-2011)
  • “Uns renovados Premios da Crítica celebran a vitalidade da cultura galega” (Culturagalega.org, 24-10-2011)

Romaní, Mira, Son de Seu, Proxecto Terra, Ángela de la Cruz e Chévere, Premios da Crítica Galicia 2011

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no serán do sábado 22 de outubro o ditame da trixésimo cuarta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.

Baixo o lema “Eis o canto eterno dunha terra”, recollido dun verso de Lois Pereiro, xuntáronse catrocentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde de Vigo; Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco López Rodríguez, director xeral do Libro, Arquivo e Bibliotecas; Lucía Molares, delegada da Xunta en Vigo; Xosé Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Delfín Fernández, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE; Carmela Silva, concelleira de Urbanismo do concello de Vigo; Santiago Domínguez Olveira, voceiro do BNG no concello de Vigo; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Luís González Tosar, presidente do PEN Club e Francisco Castro, presidente de GALIX, entre outros.

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por Comba Campoy, saudando aos asistentes e lembrando que ao longo de máis de tres décadas os Premios da Crítica Galicia baseáronse no galeguismo integrador, “que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como FORTITER IN RE SUABITER IN MODO, man forte con luva de seda, sen confundir a luva coa  man, que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre”.

“Estremas” de Ana Romaní, Premio de Creación Literaria

O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por Suso de Toro, Manuel Forcadela, Isabel Soto López, María Xesús Nogueira, Carme Pérez-Sanjulián, Eulalia Agrelo Costas e María López Sández, que actuou como secretaría, acordou outorgar o premio a Estremas, o poemario de Ana Romaní, publicado pola editorial Galaxia. Así mesmo, fai constar unha mención como finalistas a O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e Periferia de Iolanda Zúñiga, ambos os dous publicados por Xerais.

“Jorge Mira” , Premio de Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por María Xosé Agra Romero, Senén Barro Amenedo Miguel Barros Puente, Domingo Docampo Amoedo, Uxío Labarta Fernández, Isabel Mociño e Blanca-Ana Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar  por maioría a Jorge Mira por  liderar un traballo titulado A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten, realizado cos seus colegas Luís Seoane e Juan Nieto, publicado en inglés nunha das revistas máis prestixiosas, e seleccionado polo ArXiv Physics Blog que acolle diariamente a mellor idea de entre todos os traballos publicados no Physics Arxiv un dos principais colectores de artigos científicos do mundo. Neste artigo hai un achegamento concreto ao caso galego e non se augura a desaparición da lingua seguindo os parámetros usados, aínda que si se comenta que perdería uso, de non ser suficientemente apoiada. Un traballo, dos poucos, que concilian a investigación en ciencias experimentais coas humanidades e as ciencias sociais  e que tivo e está a ter unha grande recepción e impacto en Galicia e nos circuítos científicos internacionais.

Un investigador que contribue á comunicación da cultura científica con traballos como A Ciencia no punto de mira, publicado por Auga Editora, por poñer ao alcance da sociedade, cunha linguaxe sinxela, os beneficios da investigación, utilizando o galego como vehículo da universalización da ciencia.

“Son de Seu”, Premio de Música

O xurado da modalidade de Música, formado por Joám Trilho, Victor Carou, Ramón Castromil, Uxía Senlle, Xurxo Souto Eiroa, Berta Fresco e Antón Pulido, que actuou como secretario, acordou por unanimidade outorgar o premio á orquestra folk Son de Seu, como un proxecto pioneiro e singular que a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador noutros países europeos. Outros argumentos que fundamentan esta elección inclúen a dimensión pedagóxica do proxecto, a escola E-trad, xerme de Son de Seu. Todo isto quedou reflectido duante o ano 2010 na edición do seu magnífico disco Barlovento.

“Proxecto Terra”, Premio de Iniciativas Culturais

O xurado da modalidade de Iniciativas Culturais, formado por Natalia Balseiro, Chelo Loureiro Vilarello, Manuel Gago, Manuel P. Rúa, Alfonso Blanco Torrado, Daniel Salgado e Marcos Lorenzo, que actuou como secretario, outorgar o premio ao PROXECTO TERRA iniciativa impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, apoiada pola Xunta de Galicia, polo seu labor exemplar na formación das xeracións máis novas de galegos e galegas en aspectos tan sensibles para o noso país como a cultura territorial, urbanística e arquitectónica, e polo impulso dunha reflexión crítica sobre o estado dos nosos recursos patrimoniais e paisaxísticos.

“Ángela de la Cruz”, Premio de Artes Plásticas e Visuais

O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Enrique Acuña, Antón Castro, Mercedes Rozas, Manuel Vilariño, Alfonso Penela, Jaime Asensi e Antón Sobral, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio a Ángela de la Cruz pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva coa que rompe os límites, tal como puxo de manifesto cos seus traballos e propostas de 2010.

“Citizen” de Chévere, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais

O xurado da modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, formado Manolo González, Euloxio Ruibal, Nerea de Valenzuela, Cristina Domínguez Dapena, Camilo Franco, Miguel Castelo e Comba Campoy García, que actuou como secretaria, outorgar o premio por maioría outorgar o premio ao espectáculo «Citizen» da compañaía de Teatro Chévere pola orixinalidade da súa linguaxe dramatúrxica e da posta en escena, xurdidas dun proceso creativo pouco convencional que emprega como materia prima a historia de Galicia das útimas décadas. O resultado é un espectáculo potente que acada unha forte conexión co público ratificada ao longo das súas numerosas representacións na recentemente desaparecida Sala Nasa. O xurado quere tamén chamar a atencíón sobre a dificutade de escoller entre obras de dúas linguaxes moi distintas como son a escénica e a audiovisual que teñen ademais mecanismos de produción, creación e distribución completamente diferentes. Esta dificultade foi aínda maior nun ano especialmente vizoso no número e calidade de producións.