Aquí pode baixarse en pdf o que foi o Manifesto fundacional dos Premios da Crítica Galicia redactado de forma mancomunada en 1978 polos membros do Círculo Ourensán Vigués. Un documento histórico esencial para entender o espírito que dende entón moveu a nosa fundación.
Category Archives: Historia dos Premios
«Premios da Crítica Galicia. 35 anos de vitalidade cultural» por Ernesto Sánchez Pombo
Aquí pode baixarse en pdf o traballo de Ernesto Sánchez Pombo «Premios da Crítica Galicia. 35 anos de vitalidade cultural», onde se realiza un achegamento histórico ao que foi a traxectoria ininterrompida dos nosos premios, dende a súa fundaicón en 1978, con especial atención aos seus cinco primeiros anos.
A credibilidade dos Premios da Crítica
O escritor Julio Alonso publica na súa sección semanal de Atlántico diario oun moi interesante artigo, “A credibilidade dos Premios da Crítica“, no que subliña a recuperación do espírito orixinal deste certame. Os nosos parabéns ao autor.
Un ano máis de premios
Xavier Senín publica na súa sección “Devagar” de El Correo Gallego o artigo “Un ano máis de premios“, no que dende un enfoque moi orixinal lembra o inicio do Premios da Crítica Galicia e a súa continuidade. Parabéns a Xavier Senín!
Activismo
Inma López Silva publica na súa sección «Caleidoscopio» de La Voz de Galicia un moi fermoso artigo no que enmarca a creación dos Premios da Crítica Galicia dentro do activismo cultural dos anos setenta e oitenta, ao tempo que convida a participar o vindeiro 22 de outubro no acto no que se darán a coñecer os premios deste ano. Parabéns para Inma!