O sábado 4 de maio, ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa s/nº de Vigo, terá lugar un novo acto da xeira de «Sábados Culturais» organizados pola Fundación Premios da Crítica Galicia. O acto consistirá na conferencia do profesor Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, titulada «Cantares Gallegos, unha nova lectura?» Ao remate da conferencia, servirase na Cafetaría Cosmos un viño galego.