Novas

Bieito Ledo, discurso do presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia

Reproducimos o discurso que Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, pronunciou ao inicio do acto no que seu a coñecer o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011:

Autoridades, amigas e amigos.

En nome da Xunta Directiva quero darlle a benvida a esta 34 edición desta iniciativa que nace na sociedade civil e preautonómica con criterios de pluralidade ideolóxica, xeracional e territorial e que se ven celebrando dunha forma ininterrompida dende 1.978.

Os premios da Crítica Galicia son froito dun labor colectivo, escritores, investigadores, músicos, artistas, dinamizadores culturais…., labor recollido e potenciado polos medios de comunicación e os seus xenerosos traballadores.

Nos xurados de todos estos anos teñen participado máis de 800 persoas e temos entregado 214 premios representados nesta estatuiña que simboliza ao noso trobeiro Martín Códax deseñada por Isaac Díaz Pardo e agasallada por Cerámicas Sargadelos.

O eixo de todo este percorrido baseouse no galeguismo integrador, que nós, os da Fundación, recentemente anovada, renovada e ampliada, concibimos como “fortiter in re suaviter in modo”, man forte con luva de seda, deixando ben claro que non se debe confundir a luva coa man, man que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre.

Agradecementos aos nosos patrocinadores e colaboradores.

Parabéns aos premiados.

Quedan todos vostedes convidados para a 35 edición que celebraremos o ano que ven en datas aproximadas ao 17 de maio, Días das Letras Galegas.


  1. marcos valcarcel2 de Xuf1o de 2006Mc1IS BLOGUEIROS CON PREMIOS LITERARIOS:Hoxe, vernes deda 2 de xuf1o, a partir das oito e media da tarde, no Salf3n Nobre do Liceo de Ourense, tere1 lugar o Acto de entrega do V Premio CARLOS CASARES de Microrrelato, ademe1is de conocer o fallo do xurado e a entrega os premidados, o acto completarase cun recital poe9tico co tedtulo Ourense1ns na Real Academia galega , remate do ciclo en homenaxe ao centenario da RAG, a cargo de Teresa Devesa e Loli Conde, e a actuacif3n da Coral do Liceo. Podemos adiantar xa que entre os premiados hai dous escritores do mundo blogueiro, Xesfas M. Marcos Lf3pez (www.oulego.blogspot.com) e Francisco Castif1eira (www.ningures.blogspot.com), ademais de Matedas Candeira de Andre9s, residente en Madrid. O Liceo e me1is os membros do Xurado queren destacar a nfamero de traballos presentados que chegaron e1 cantidade de 322, e dunha maneira moi especial que9rese facer mencif3n da axuda prestada pola Fundacif3n CAIXA GALICIA que colaborou econf3micamente para que a dotacif3n dos premios fose maior que en ediccif3ns pasadas. Noraboa aos gaf1adores!