A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerá a ILª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2026, que se ditaminarán en Vigo o sábado 17 de outubro de 2026, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.
Outorgados dende 1978 de forma ininterrumpida, os Premios da Crítica Galiciaveñen recoñecendo cada ano a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.
Xerados dende a iniciativa da sociedade civil, anticipándose ao inicio da Autonomía, os Premios da Crítica Galicia –unha plataforma plural, independente e interxeracional– asumen como o seu obxectivo sobranceiro o de tomar o pulso do latexo da nosa creación cultural. Un traballo en man común e en clave de país cuxa continuidade contribúe a acrisolar a tradición galega.
Nesta ILª edición abriguen dez modalidades: Creación Literaria, Investigación en Ciencias e Tecnoloxía, Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais, Cultura Dixital e Cultura Gastronómica.
Por último, coa intención de acoller a diversidade da nosa creación cultural, como establece a base sétima, «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das dez modalidades poderán ser presentadas polas súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 4 de setembro de 2026».
Esta presentación de candidaturas polos súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras realizarase, antes do 4 de setembro de 2025, dirixindo un correo electrónico a: premiosdacriticagalicia@gmail.com
Descarga as bases 2026 en formato word.
Descarga as bases 2026 en formato pdf.