O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, formado por Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito da UDC; Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga, investigadora do Lab2PT da UMinho e membro da comisión de Patrimonio do CCG; Antón Costa Rico, catedrático de Historia Educación da USC; Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora de Filoloxía da UDC; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, gañador da edición 2024, vicesecretario da RAG; Lucía Oca González, profesora de Antropoloxía Social da USC e Ramón Nicolás Rodríguez, profesor, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades (Xerais) Xosé Miguel Andrade CernadasBen mantidos. Historia cultural da gastronomía galega (Galaxia) de Xavier Castro; Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground (Galaxia) Fernando Fernández Rego e Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa(Universidade da Coruña) de Manuel Ferreiro e otros.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría aAs peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades (Xerais) Xosé Miguel Andrade Cernadas. O xurado salientou que se trata dun libro marcado polo rigor investigador e polo esforzo no seu papel divulgativo, que aborda o tema do fenómeno das peregrinacións, os seus tópicos e a súa materialización contemporánea no Xacobeo e que resulta operativa para analizar as políticas culturais que se aplican en Galicia arestora. Así como as súas repercusións en fenómenos como a fixación dos camiños de Santiago e a súa turistificación.